Recoñecemento

 

 

 

Recoñecemento

 

¡Ay porquiños, porquiños!

¡Que vidiña tristeira levástedes

e que boa vidiña nos dades!

Hacinadiños nunha cuadra

sin ter saído nunca dalí

para un anaquiño de lecer.

As cuadras, as  veces molladas,

humedecen a vosa peliña sonrosada.

Unha vida destinada

a comer para ceibarse,

canto máis gordo millor.

que do porco todo se aproveita.

( ourella, cacheira, touciño, unto, costela…)

Mais podédevos sentir orgullosos

De seres quen de xuntar tanta xente

ó redor dun bo cocido

coma é o caso DA FESTA DO COCIDO DE LALÍN,

onde ao xantar engádese a faceta cultural

cos "Comendadores da Orde do Cocido"

Tamaña consideración social,

debería ir parella

cunha cualitativa millora

das túas condicións cotiás

de habitat e hixiene,

para non seres máis un porquiño porco

vivindo unha vida de calamidade

mentras agardas o teu San Martiño.

 

Elisabeth

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.