O XUGO ROTO

O XUGO ROTO

 

Rompe ese xugo de madeira

dura de carballo,

e sacude as pesadas cadeas

de tanto propio engano.

 

E cando desmenuzadas

no chan as vexas,

fuxe lixeiro as alturas

e mira as novas veredas.

 

Deixa alí que o teu peito

do limpo aire se encha,

e os teus ollos raiantes de gozo

reciban o frescor das cumes sanas

e os novos horizontes vexan.

 

Pero non te quedes compracido

mirando abaixo o xugo roto

e rotas as cadeas,

non sea que outro xugo mais sutil

domine a túa alma peregrina

por esa vana compracencia,

e quede, aínda na cume, malograda

a túa libertade verdadeira.

 

José Crespo Abalde

(Primera Antología del Grupo Poético Brétema)

 

 

1 comentario:

Mª Teresa Sánchez Martín dijo...

Hermoso canto a la libertad. La Libertad con máyusculas, esa que es tan dificil defender, al menor descuido, ya nos ha caído un nuevo yugo u otras cadenas.

Un saludo

Teresa.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.