Música es ti

 

Música es ti

 

Pétalos multicolores

percorren un teclado

de nácara e acibeche,

soan brétemas

como semicorcheas fuxidías,

ábrese o ceo

con brancas

tocadas polas raiolas

dun sol outonal

que arrecende a follas

secas e pisadas

na fraga.

 

Soa un si bemol

como terra húmida

chea de landras

como semifusas

espalladas nun pentagrama

interpretadas por un merliño

que venta neste serán

unha treboada

composta por Vivaldi

no seu Outono eternal,

atroan os baixos beethonianos,

albíscase o sol na calma,

mentres o río de Smetana

baixa paseniño e maxestuoso,

un ouriol alegra

cos seus rechouchíos

o teatro da fraga.

 

Entre mentres prepárase un coro

desafinado de corvos

que son os teloneros

do coro de escravos

dun Verdi radiante

de ledicia

pola estrea dun outono musical

cheo dos acordes

dunha Natureza

xenerosa, espléndida,

cunha voz límpida,

branca e serea.

 

Nun curruncho

do bosque, un sátiro

asexa a unha garrida ninfa

que liba acompañada de Baco

o néctar dun acio

recén recollido

dunha cepa albariña

desta fermosa e farturenta

terra do Salnés.

 

Ao mesmo tempo,

escoito

o concerto fermoso de Gaia

e nun ángulo escuro do xardín

miro abraiado para ti.

 

 

Outono 2008, Xermán Torres

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.