CANDO UNHAS VAN, OUTRAS CHEGAN
Anda, non quedes parado
que o que para nunca chega,
anda por eses camiños
ata que os pes che coceran.
Anque morto de cansancio
fonte de auga non houbera,
que sacie o teu corpo enxuto
que refresque as túas queimas.
Que hai que ir tirando para adiante
anque ó tirar da cadea,
che parta a alma en anacos
e máis bágoas non tiveras.
Eu por ela vou tirando
mirando os anos que medran,
que según din o destino
escrito está nas estrelas.
E algunha vez vendo ó ceo
se acaso puidera velas,
hei preguntarlle se aínda
para min teñen moitas penas.
Que levo tantas enriba
que xa máis non me colleran,
e cando unhas se van indo,
cando unhas van, outras chegan.
Pero aquelas que son fondas
en vez de encollerse, medran,
que hai peniñas que non podes
xamais desfacerte delas.
Que eu peniñas levo tantas
como hai nos camiños pedras,
Deixádeme xa peniñas,
quitádeme estas cadeas!
Dádeme unha menciña,
Ai quen curalas puidera!
Isaura Lago
2 comentarios:
O destino facémolo nós. A miña aboa tamen pensaba coma ti. Ela creia nas meigas e no mal de ollo.
No soy gallego pero sé que se escribe avoa con V.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"