ATOPEITE, ROSALÍA

ATOPEITE, ROSALÍA

 

Atopeite, Rosalía,

cando por Padrón pasaba,

e foi milagre atoparte

cando en ti eu non pensaba.

 

Prodixio foi namorarme

na casa en que ti morabas,

das verbas que, sin querelo,

escoitei dunha rapaza.

 

A moza choraba a mares

e cun pano azul limpaba

bagullas dos seus olliños

cas meixelas alagaban.

 

Meu amor, onde te atopas?

-preguntáballe a doncela

as rosas de follas brancas.

 

Meu amor, por qué non volves

se sabes que estou sen alma?

 

Atopeite, Rosalía

cando por Padrón pasaba,

e foi prodixio atoparte

cando ti xa non estabas.

 

Xosé Carlos O´Framinor (+)

(Primera Antología del Grupo Poético Brétema)

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desconocía este poema de Xose Calos, precioso, me pasa los mismo cada vez que paso por Padrón, mi vista se desvía hacia la Matanza, lasa de Rosalía y me digo, ahí está ella dormida. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.