Maio

Maio

 

Aí ven o maio

de froles cuberto,

aí ven o maio

vencendo ó inverno.

Aí ven o maio

aleda rapaz,

que aí ven o maio,

pro non trae a paz.

Un maio cangado

de moita xenreira,

un maio de odios

e loitas sen par,

cheo de refuxiados,

de centos de guerras,

campos de refuxios,

xente sen fogar.

De odio ás misturas,

ou as mestizaxes,

a os diferentes

ós de outra cor,

nas pateras mortos

ou nos abordaxes,

de tódalas terras,

fartos de doór

A onde vai o mundo

con esta cegueira?

Dínolo, ti, maio,

que eres todo luz,

a onde van as xentes

feras e guerreiras

contra seu irmán,

no nome da cruz?

Se tódalas guerras

son guerras civiles,

posto que entre irmáns

a pelexa é,

que importa das razas

as cores miles

o que importa é a fame

e a vida, abofé!

Se a terra é dos homes

sen faltar negún,

se as mercadorías

fronteiras non ven,

por qué estas se cerran

é feito común

cando o home pide

se lle abran a el?

Se a terra é patria

toda dos humáns

e se, fora dela

vida non se ve,

por qué a codicia

explota ós curmáns,

por qué tal cegueira,

decide, por qué?

Non te esquezo, maio,

cantar eu non podo;

as rimas bonitas

deixo para despois...

próeme a inxustiza

contra todo pobo

pois, sendo persoas,

semellamos bois.

Non te esquezo, maio,

longo, mais frolido,

non esquezo cantarche,

ou máxico mes,

de froles cuberto,

es sempre benvido,

sabes que te quero,

pois aquí me tés.

 

Manolo de Rinlo

(2º Premio- Letras Galegas- Casco Vello de Vigo)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Manolo, precioso, no me extraña que te concedieran el premio. Este poema merece cualquier premio. Enhorabuena. Ceneme

Mª Teresa Sánchez Martín dijo...

Mayo, con todas sus flores, no puede borrar las espinas creadas por el ser humano.
Un poema sensacional que emociona y plasma la realidad ineludible.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.