LEMBRANZAS

LEMBRANZAS

 

Cun garabullo na man

sentado o pé da fogueira,

un neno arreconchega o seu tallo

para xogar con ela.

 

Cerca, unha aboa rechoncha

adicándose a fiadeira,

torce que torce no fuso

a calor da lumieira.

 

No pote brincan as verzas

adubadas con unto e touciño,

rebulen pataquiñas e fabas

xunto cun oso pro caldiño.

 

Adormexa o sarrallo

agachado entre o canizo,

debaixo, adobándose ó fume

sete ducias de chourizos.

 

Limpa os beizos un gato

deitado na parrumeira,

con máis pinta de borrallento

que de áxile ratoeira.

 

A garmalleira enfarruscada

estase rindo do tres pés,

e arrandéase moi folgada

mentras non ten que facer.

 

Está o candil esperando a noite

enriba da espeteira,

e o forno, mira para artesa

coma súa fiel tesoureira.

 

.........

 

Estas son as miñas lembranzas

dun neno, unha aboa...

e aquela antiga lareira.

 

Alonso Rodríguez

2 comentarios:

teresa cariño dijo...

QUERIDO ALONSO,es un poema que me encantó leer,bien rimado y dices todo lo que representa para todos una forma de vivir en nuestras aldeas gallegas,un abrazo de Teresa

Anónimo dijo...

Hermoso poema Aloso, fruto de los recuerdos de una niñez y juventud que se ha ido. Felicidades. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.