DESAMOR

DESAMOR

 

A estrela perdida da noite

Xa non está no noso ceo.

Rematou a primavera de afectos,

No verán queimouse todo,

Agora estamos no frío inverno.

 

A cama está baleira,

O cuarto frío e escuro.

Están murchas as rosas

No xerro,

Callou o sangue nas nosas veas.

 

O noso tempo foise,

Bebemos todo o licor,

A ambrosía

Xa non a podemos libar,

As frechas están rotas no "carcaj".

 

As ledas noites,

As bacanais,

Os baños na lagoa

Á luz da lúa,

Os bicos furtivos…

 

Todo foise

Quedan os rescaldos

Apagados e con cinzas grisentas,

Nada pode xa ser igual,

Eu vivo triste coas lembranzas.

 

O tempo pasa,

A friaxe do teu corazón,

As angurias e tristuras

Polos que morro só.

Bebo a bile dos amores idos.

 

Oxalá voltaran as estrelas

Ao noso ceo escuro!

 

 

Xermán Torres

2 comentarios:

teresa cariño dijo...

Xerman compañero el poema es precioso, creo que el que tuvo retuvo y cuando perdemos lo que tanto amamos nos queda el consuelo de los recuerdos vividos,tu no estas solo nos tienes a nosotros tus amigos que te apreciamos mucho,es otra etapa de la vida,hay que soñar con lo que te toco vivir,un ciego no puede tener esa imagen ya que nunca la ha visto,un besazo TERESA.

Anónimo dijo...

Estimado Germán, vale más haber amado y perdido que no haber amado nunca. Felicidades, Cwnwmw

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.