UN BICO NO CEO

UN BICO NO CEO

Brancos os teus cabelos,

atados con trenzas doutro tempo,

corpo esgotado da dura loita,

cheo de agarimos o teu peito.


Muller valente e tenra

coas mans enchidas de calor,

dona sinxela e chea de bos feitos,

as túas verbas de amor.


Recordos afastados,

no recuncho do seu peito,

moreas de bágoas,

bulían polo seu corpo sen sosego.


Bícote tanto, nai,

aínda que estés no ceo,

porque ti vives conmigo,

e sen ti nada son eu.


Nas noites de pesadelo,

ti bicas a miña cara,

cando te sinto ó meu carón,

a noite tórnase clara.


Fina Álvarez

1 comentario:

Anónimo dijo...

Fina, los recuerdos que deja una madre no los olvidamos nunca. Tu madre tubo que ser una mujer extraordinaria. Felicidades. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.