O OUTONO

O OUTONO

 

Entra o Outono con forza,

os días son curtos xa

Os paxaros xa non pían

tan cedo po la mañá

A forza que tiñan antes

os raios para quentar,

verticais dende o ceo,

agora mais horizontais

O astro sol ten menos forza,

é tempo de colleitar

Hai que recoller os froitos

ca nai terra quere dar

Nunca sabe o que traballa,

o futuro que terá

a semente que, con esforzo,

pon no seu peito maternal

É tempo de recoller

o que ela nos quere dar,

e gardar para o Inverno

cando a terra a descansar

Se recupera do esforzo

que todos los anos fai,

parindo das súas entrañas

alimentos para mais

Estou cansa!-dime a terra-

Cansa de tanta maldade,

os meus fillos, ambiciosos,

están a pedirme mais...

Non se dan fartos nunca,

esgotada me teñen xa!

Chega o Outono con forza

Qué é o que traerá?

Virá choiva, virá mal tempo,

ou brisa suave do mar?

Murcharanse as follas nas árbores?

A cantas enterrará?

Chega o tempo de arrimarse

ó lume para quentar

para afastarse do frío,

os caldos da miña nai

Chegou o Outono a miña vida

sen darme conta a traballar,

sen saber ca vida era un tempo...

O meu tempo vaise xa

Estou pasando o Outono

O Inverno, Qué traerá?

 

Ceneme-15-09-08

 

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Queridisimo amigo ,el invierno es frio pero ese mismo frio nos mantiene vivos y cualquier momento es calido siempre que uno busque el calor de los amigos caminando siempre entre amigos que nos quieren no hay estaciones.Poema muy narrativo,un fuerte abrazo teresa

Anónimo dijo...

Estase a falar do outono, que tamen e frio e revolto. tempo de vendimia e tristura, tempo revolto, antesala do inverno. Cicais o teu traballo melloraria se o centrases mais na imaxe que debes trasmitir a do Outono. De todolos xeitos apropiado para este tempo.

Anónimo dijo...

Estimado anónimo, gracias por tu comentario. Debes sabner que no estoy hablando del Otoño, solo como estación del año, sino como la madurez por la que estoy pasando hacia el Invierno de la vejed. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

...sólo la vejed, ¿verdaz?

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.