IMPRESIÓN
Natureza xenerosa,
Esmeralda paisaxe
Teñida de tons grises,
Latexar de seres vivos
Cun fondo de balbordos artificiais.
Gradación de series verdes
Con rechouchíos de paxariños,
Mañá fresca de xullo,
Máis próxima ao outono
Que ao verán.
Ruído dun paxaro de lata,
Queixume das ponlas
Cheas de follas, sacudidas pola lixeira brisa,
Voces ao lonxe
E cacarexar das galiñas.
Eu no medio
Dunha máxica fraga,
Só me estorban
Os estrondos artificiais do chamado progreso,
Estou fascinado pola paisaxe rural.
O vento montañés
Aloumiña as miñas meixelas,
Penso se os que virán
Poderán ter esta sensación
De estar na compaña de árbores, paxaros e desta brisa…
Xermán Torres, XXX/VII/MMVIII
3 comentarios:
Respira, Germeán y goza de tus momentos, no todos tenemos en esta vida tus mismos objetivos, tus mismos sentimientos. Felicidades
Ceneme
Fermosa paisaxe a que dibuxas nese agarimoso poema. E fermoso poema cheo de natureza. Oxalá que ise terribel presaxio que vaticinas nunca chegue a cumprirse. Oxalá cós nosos netos, bisnetos... poidan un día disfrutar desta grande exprosión de natureza pragada de coorido e vida. Oxalá que algún día, o home chegue a pensar ca cachola e non cos pés. Oxalá que non sexa demasiado tarde pra protexer a nosa nai: A natureza.
o poema está ben. A sua mensaxe non pode ser mais explicita. Facedes un bo traballo. Seguide asi. a poesía e necesaria e ai que rachar o tópico de que o poeta e unha clase desfasada e cursi. Necesitamos poetas, poesía, que nos fagan abrí-los ollos ante tanta desfeita socio-ambiental
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"