A OS NOSOS VELLOS MARIÑEIROS

A OS NOSOS VELLOS MARIÑEIROS

DA RIBEIRA DE VIGO


Alá van os mariñeiros

camiño de altamar

Alá van meus compañeiros,

quen sabe se voltarán

Van a peito descuberto,

van a guerrear co mar,

van arrincar os tesouros

ca mar non quer entregar

Van soportando galernas

loitando co temporal,

van entre brétemas metidos,

que lles impide mirar

Van en barcos de madeira

en condicións inhumans,

moitos sen roupas de auga

que os protexa do mar

Cando van, van vigorosos,

descansados do seu lar,

cando voltan, voltan cansos,

queimados de pelexar

Traen cardenais no corpo,

cheas de feridas as mans,

e os corazóns doídos

de tanto golpe de mar

Xa entra o "Wenceslao"!

-oín na Ribeira berrar-

"parés que ven sellado

ven enterrado no mar"

Se ven do Gran Sole, pescada,

palometa, se da costa de Portugal,

din que venderán o Sábado

o prezo mais alto que vaia

Eses son os nosos vellos mariñeiros

que no porto agardando están,

familiares que angustiados

os desexan abrazar

Moitos son os mariñeiros

que se afogaron no mar,

o mar cobra sempre caro

a fame que vai quitar

É o medo que eles pasaron...

¿como o poderán olvidar?

os compañeiros que foron po lo mar abaixo,

grabados no corazón están

Borrachos de augardente e viño

esquecer nos seus fogares tentarán,

algúns poida que o consigan,

mais outros non o lograran

Nas tumbas dos mariñeiros

nunca mirei crecer flores.

Ceneme

1 comentario:

Anónimo dijo...

Miguel gracias por este poema.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.