Bágoas

 

Bágoas

 

 

Hai bágoas que cheiran a impotencia.

Bágoas que cortan,

 coma coitelos…

E bágoas que se alugan

por un puñado de pesos

 

Hai bágoas que se fan anacos nun intre;

Bágoas baleiras que remexen o silenzo,

e bágoas que se misturan

entre verbas de morriña

 

Hai bágoas preñadas de pacencia

na casa das meigas,

e bágoas que cuspen aturuxos

no lume das tebras

 

 

Hai homes que choran lembranzas,

e homes que se afogan

nun mar de cadaleitos esquecidos

 

Hai homes brancos,

e tamén  homes negros…

 

-Eu non quero, miña nai,

ser branco nin negro,

nin quero ser bágoa, nin ser o coitelo;

 

Eu quero ser home querendo ser neno!

E quero ser arbre brincando no tempo!

E ser anduriña…

 xogando no ceo.

 

Manoel Xosé-II-MMVIII

 

 

2 comentarios:

TERESA CARIÑO DAVILA dijo...

ME ENCANTO MANUEL SOY TU MAS FIEL ADMIRADORA ,ERES UN GRAN POETA.



UN ABRAZO TERESA CARIÑO

Anónimo dijo...

Manoel, como siempre tu calidad humana reflejada en esos versos. Felicidades. Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.