As mans…

As mans

as miñas mans,

e as mans daqueles

dos que ninguén se lembra

 

Velaí as bágoas

espalladas nun intre,

as bágoas do tempo

mesturadas no orballo,

e as bágoas da gaita

fungando no vento.

 

Berran as mans,

choran,

e recenden a xeada

na noite mais negra

 

Velaí os vosos agarimos

de falsos profetas...

as vosas mans,

xunguidas nunha mestura

de aturuxos e morriña

 

As mans...

as miñas mans,

e as mans daqueles

dos que ninguén se lembra

 

Manoel Xosé

 

1 comentario:

Anónimo dijo...

FANTASTICA ,un abrazo ,teresa

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.